lunes, 19 de noviembre de 2012

Programas de intervención con familias:


Cando falamos de Programas de Intervención Familiar (P.I.F) referímonos a un recurso específico que se ubica no marco da prevención secundaria, orientado a realizar intervención cando existen factores de desprotección que están impedindo o desenvolvemento ou benestar dos nenos e nenas e adolescentes.
O obxetivo xeral da intervención é sempre manter a unidade familiar, evitando a separación do menor da súa familiar, mellorando para isto a calidade das relacións familiares.
O que mostramos a continuación é o mapa que engloba as 6 vías de intervención con familias que trataremos ó longo do blogue, seguido pola denominación de cada unha delas:


Ver Ubicación programas de intervención con familias. en un mapa más grande

  • Gabinete de Orientación Familiar.
  • Oficinas de Igualdade e Benestar.
  • Servizo de canguros.
  • Programas de apoio ás familias monoparentais.
  • Puntos de Encontro Familiar.
  • Programas de Mediación Familiar.