lunes, 19 de noviembre de 2012

Programas de intervención con familias:


Cando falamos de Programas de Intervención Familiar (P.I.F) referímonos a un recurso específico que se ubica no marco da prevención secundaria, orientado a realizar intervención cando existen factores de desprotección que están impedindo o desenvolvemento ou benestar dos nenos e nenas e adolescentes.
O obxetivo xeral da intervención é sempre manter a unidade familiar, evitando a separación do menor da súa familiar, mellorando para isto a calidade das relacións familiares.
O que mostramos a continuación é o mapa que engloba as 6 vías de intervención con familias que trataremos ó longo do blogue, seguido pola denominación de cada unha delas:


Ver Ubicación programas de intervención con familias. en un mapa más grande

  • Gabinete de Orientación Familiar.
  • Oficinas de Igualdade e Benestar.
  • Servizo de canguros.
  • Programas de apoio ás familias monoparentais.
  • Puntos de Encontro Familiar.
  • Programas de Mediación Familiar.

domingo, 18 de noviembre de 2012

Gabinetes de Orientación Familiar.


Gabinetes de Orientación Familiar.

  • Trátase dun recurso dirixidos a todas aquelas persoas con residencia en Galiza que consideren que na súa familia existe algún conflito: de parella, entre nais e pais e fillas e fillos ou coa familia extensa. Cobra importancia o feito de que os GOF só poderán actuar por petición directa e voluntaria das persoas que así o requiran.
  • No seguinte enlace poderás atopar información máis detallada, leis que afectan a este servizo e teléfonos e direccións de interese: Enlace

viernes, 16 de noviembre de 2012

Oficinas de Igualdade e Benestar.

Oficinas de Igualdade e Benestar:

  • Estas oficinas ofertan servizos e programas dependentes do Consorcio Galego de Servizos de
    Igualdade e Benestar. (Teléfonos de contactos: 981.568.705 / 638.299.546).
  • No seguinte enlace poderás atopar información máis detallada, leis que afectan a este servizo e teléfonos e direccións de interese: Enlace

miércoles, 14 de noviembre de 2012

Servizo de Canguros.

Servizo de Canguros.

  • Trátase dun servizo especializado no coidado e atención dos menores das unidades familiares que desenvolven a súa actividade profesional ou formativa na cidade da Coruña, para a conciliación da vida familiar, laboral e persoal.
  • No seguinte enlace poderás acceder ó mapa do punto exacto onde atopar este servizo na provincia da Coruña, ademáis de información adicional sobre él: Enlace

martes, 13 de noviembre de 2012

Programas de apoio ás familias monoparentais.

Programas de apoio ás familias monoparentais.

  • Trátase dun servizo de apoio a familias monoparentais con menores ó seu cargo, que trata de participar e axudar na crianza destes. Este recurso depende da  Consellería de Traballo e Benestar. Secretaria Xeral de Familia e Benestar. (Tel: 981.545.670/ 981.544.623)
     
  • No seguinte enlace poderás atopar información máis detallada, exemplos deste servizo e teléfonos e direccións de interese: Enlace

 

domingo, 11 de noviembre de 2012

Puntos de Encontro Familiar.


Puntos de Encontro Familiar.

  • Trátase dun servizo que preserva a relación entre os menores e as persoas da súa familia en situación de crise, e que permite e garantiza a seguridade e o benestar destes facilitando o cumprimento do réxime de visitas.
  • Como ligazóns de interese:
Información sobre os Puntos de Encontro do goberno da Rioxa.
Información sobre os Puntos de Encontro da revista Consumer.
  • No seguinte enlace poderás atopar información máis detallada: Enlace



sábado, 10 de noviembre de 2012

Programas de Mediación Familiar.


Programas de Mediación Familiar.

  •  Trátase dun servizo dirixido a aquelas parellas que teñan decidido separarse, ofrecéndoselles con él a posibilidade de que cheguen a acordos nos temas económicos, e sobre todo, respecto a cómo van a abordar no futuro as responsabilidades e os deberes que teñen cos seus fillos
  • Como ligazón de interese:
http://www.familiasgalegas.org/familias/Controlador/Menu/menuAction.php?op=3
  • No seguinte enlace poderás atopar información máis detallada: Enlace